top of page
  • Black Instagram Icon

Clientes:

TAMBRE

EDELVIVES

ANAYA

SoBrE Mí

FOTO DIBUJANDO ILUSTRACION.jpg

Nací en una aldea perdida de A Ribeira Sacra Galicia a orillas del río Miño (1982),

en una familia humilde viticultora, agricultora, conectada a la naturaleza y los animales.

Actualmente vivo entre Santiago de Compostela (Coruña) y Ribeira Sacra.

Soy ilustradora autodidacta, titulada en CS.Diseño gráfico en EASD Pablo Picasso (Coruña, 2008),

formada en pintura realista con David Expósito, Xavier Muíños Ínsua (Coruña, 2006) y

Jaime Valero Perandones (Madrid, 2016, 2021).

Hice un curso genial de  estampación y encuadernación tradicional, edición experimental

y libro de artista, en Escola Massana, Barcelona (2010).


Desde 2011 trabajo como freelance, realizando proyectos creativos para Editoriales,

agencias de comunicación, empresas de administración pública y privada del sector educativo, medioambiental, cultural y sanitario.

Especializada en libro de texto y álbum ilustrado infantil.

Murales

* Seleccionada por Xunta de Galicia para  F.I.L Guadalajara (Feria Internacional del Libro).  Méjico 2019.

* Seleccionada para encuentro de ilustración Galicia-Portugal  "Nortear Ilustrado",  Isla de San Simón,  Pontevedra. 2019.

SoBrE Min:
FOTO DIBUJANDO ILUSTRACION.jpg
image00009.jpeg

Nacín e medrei entre unha casiña nunha aldea preto do pobo, e unha aldea illada pegada ao río na Ribeira Sacra do Miño, Chantada (Lugo), nunha familia moi humilde, honrada e currante viticultora e labrega. Coñecín o mundo conectada á natureza, animais nun espazo moi illado e bastante puro ata a chegada das lanchas contaminantes na pandemia, sen apenas coches, ningún ruído aparte do canto de paxaros e asubiar de campesin@s. Crucei o río Miño aos 10 anos a nado coa miña mellor amiga, dun pobo moi próximo, e miña nai e avó ensináronme a comunicar cos animais, o zoar do vento,as formas da choiva, e a natureza, creando e debuxándoo todo, descubrindo a terra, subindo ás árbores, escoitando música clásica, vendo cinema mudo, lendo contos...A pesar do desafío de medrar nun entorno machista non exento dunha persoa qeu exerceu violencia psicolóxica e física a veces, si fun privilexiada en ter o permiso sen límites nese aspecto grazas á miña nai e avós.

Seres de gran sensibilidade, son a fonte de enerxía de onde nace todo o que creo en infantil.

En contraste, medrei nunha zona súper conservadora e machista onde a rebeldía feminista, superarse e evolucionar é a única opción de vida feliz.

Sempre quixen ser pintora e ilustradora, a pesar do apoio da miña nai, víao un imposible como algo profesional, pola mentalidade da contorna. ​

Traballei desde os 16 pintando murais en locais comerciais, e desde os 19 a 25, ademáis disto e encargos feitos a man, en moitos sectores, dende limpeza, canguro, atención ao cliente e hostalería. Estudei un ano de cociña, fun a clases de pintura con Xavier Muíños Ínsua, e finalmente puiden estudar algo creativo: Deseño Gráfico Publicitario en EASD Pablo Picasso, Coruña. ​

Despois realicei un curso fermoso de artes aplicadas ao libro en Escola Massana, (Massana permanent) en Barcelona, onde abrín un mundo novo nunha experiencia multicultural, coñecendo o gravado en linóleo, encadernación artesanal, libro de artista e pop up, ademais de pintar algúns murais na cidade.

 

Dende 2011 traballo a tempo completo en ilustración e deseño. Comecei a ilustrar con Ronsel de Ideas para Sogama, Ecovidrio, RAG, e dende 2016 traballo como ilustradora autónoma freelance.

A miña labor profesional centrouse no ámbito da ilustración infantil e xuvenil, traballando habitualmente para editoriais de prestixio como Edelvives, Tambre, Anaya, Xerais, entre outras, e empresas de administración pública e privada, como SOGAMA, Ecovidrio, Real Academia dá Lingua Galega, Collaborate, Xunta de Galicia, entre moitos outros. ​ ​

Clientes:

Edelvives 

Ronsel de Ideas

Sogama

Ecovidrio

Anaya

​Hércules de Ediciones

Anónimo Advertising

Ponte nas Ondas​

Edicións Xerais

Do Cumio Editora

Confederación Hidrográfica

Fundación María José Jove

Xunta de Galicia

Hospital materno infantil (Coruña)

Colegio Privado Dolores Ramos

(Peleteiro Infantil)

IES Val do Asma  Concello de Chantada

bottom of page